menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O fútbol galego será de noso ou non será

13 0
07.07.2026

Un San Xoán xa non tan próximo deixounos a nova dunha amplísima maioría social do Deportivo (a rentes do 80%; cunha moi considerábel participación de case o 56%) na consulta vinculante polo cambio de nome. Un cambio que é unha emenda de totalidade a décadas de asimilación cultural e deslealdade identitaria. O corpo social branco e azul enviou unha mensaxe nidia de reconciliación do Dépor coa súa xente, coa súa lingua e co seu país. Cae o artigo imposto polo supremacismo españolista (anterior, coetáneo e mesmo posterior ao franquismo) e ábrese paso a dignidade.

Esta histórica labazada civil deixa nunha humillante marxinación á dereita ultramontana centralista e aos nostálxicos do autoodio. Ficou de vez retratada a cativa organización local de........

© La Opinión A Coruña