menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O Dépor como ben común

17 0
11.08.2026

A opinión pública coruñesa e galega asiste con fonda preocupación ao progresivo distanciamento entre a dirección do RC Deportivo e a súa masa social. O enfrontamento polas novas condicións da bancada de Marathón Inferior —de moi dubidosa legalidade atendendo á lexislación de consumo— e a suba de tarifas non constitúen serpes de verán nin un simple desacordo por razóns da orde pública. En realidade estamos diante da manifestación local dunha tensión global: o choque frontal entre a corporativización dun fútbol privatizado e a resistencia dunha identidade comunitaria que rexeita devalar nun frío activo financeiro.

Este conflito insírese de cheo nun contexto internacional de hipermercantilización esporeada polas elites da FIFA e da UEFA, trasladada dende logo á LaLiga que preside o extremista Javier Tebas. A guerra polo control dos calendarios televisivos e iniciativas como o macro-mundial de clubs do presidente da FIFA, Gianni Infantino, teñen como nidio obxectivo........

© La Opinión A Coruña