menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A grave deterioración da sanidade pública galega

11 0
21.01.2026

Non sei vostedes, mais eu penso que estamos a vivir un proceso de deconstrución (moit@s pensan que programada) do noso Servizo Galego de Saúde (Sergas). A nosa sanidade pública, noutrora excelente, hoxe esboróase baixo unha xestión que semella máis centrada no equilibrio contable que na dignidade vital dos galegos e galegas.

A asistencia primaria, a verdadeira trabe mestra de calquera sistema público de saúde, atópase nun estado de agonía técnica. Non é un accidente; é o resultado dunha estratexia de descapitalización de recursos humanos. Cando un cidadán da Coruña, de Vigo ou de calquera vila do interior ten que agardar dúas semanas por unha cita telefónica, non estamos ante un problema de xestión de axendas, senón ante unha vulneración do dereito á protección da saúde consagrado no artigo 43 da Constitución. A falta de substitucións e a precariedade dos facultativos están a converter os nosos centros de saúde en simples muros de contención burocrática, expulsando ao paciente cara ás........

© La Opinión A Coruña