Tampouco en educación hai innovación sen éxito
O 30 de novembro de 2022, OpenAI puxo ChatGPT á disposición do público. Os avances dos modelos de intelixencia artificial desde entón confirman que imos camiño dunha transformación sen parangón do traballo, da ciencia, do lecer ou da educación.
Tampouco no mundo educativo houbo tempo para planificar a chegada do que non se esperaba. Despois, entre a sorpresa, a incerteza e a velocidade á que todo transcorre, seguimos case como estabamos: institucións educativas sen plans, profesorado sen formar e estudantes que aprenden uns dos outros como usar a IA, en xeral para usar menos as súas cabezas.
Un estudo da Fundación CyD, publicado en xullo de 2026 tras enquisar 800 universitarios en España, indica que o 90 % utiliza IA, o 86 % cre que mellora o seu rendemento académico e un 27 % recoñece que asiste menos a clase desde que a utiliza. O problema é que o 61 % declara non ter recibido formación nin apoio da súa universidade.
A adopción estendeuse tamén á educación secundaria -como evidencia o informe «Educar na era da........
