menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Galicia en 2026

4 0
05.04.2026

Esta semana, o Foro Económico de Galicia presentou o seu informe de conxuntura correspondente ao derradeiro trimestre de 2025. Un ano bo no económico, a pesar das incertezas de todo tipo provocadas por Trump e Putin. A actividade económica en Galicia medrou de xeito semellante ao conxunto da economía española. Algo que de feito está a ocorrer dende o ano 2000, a pesar de que a demografía galega non axuda: faltan clientes e traballadores e hai que buscalos no exterior.

Porén o foco das preguntas dos xornalistas non se puxo no pasado. Falouse sobre todo de futuro, do que vai ocorrer en 2026, do impacto da guerra en Oriente medio. A verdade é que este factor introduce una incerteza enorme, porque non sabemos o que vai durar, mais si sabemos que ten un impacto económico considerable e proporcional a súa duración e a escalada ou desescalada que poidamos ter.

Así as cousas, o máis honesto intelectualmente e o máis útil para os axentes económicos e facer proxeccións para escenarios extremos. Dunha banda, os datos de xaneiro e febreiro indicaban unha forte inercia e apuntaban a que, de novo, Galicia superaría claramente o 2% de crecemento, cunha taxa de paro que baixaría do 8%, e unha inflación no entorno do 3%. En esencia, este seguiría sendo o escenario se a semana que vén rematase a guerra e se normalizase dentro do posible.            

En troques, se o conflicto se extende ao conxunto do ano e o petróleo remata o exercicio por riba de 100 dólares o barril, a inflación media no conxunto do ano remontaría ata o entorno do 6% e o crecemento do PIB remataría por baixo do 2%. Estas son as cifras que manexa o Banco de España e que poden extrapolarse a Galicia. A recesión é descartable en Galicia e España, porque partimos dunha posición favorable. En contraste, na Eurozona existe o risco de que vexamos taxas negativas nalgún trimestre deste ano.

Suscríbete para seguir leyendo


© La Opinión A Coruña