menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Galicia ante o espello

48 0
21.06.2026

Esta semana tiven a oportunidade de presentar na Zona Franca de Vigo un libro dedicado á economía galega. Un exercicio de análise que, máis alá das cifras, permite entender mellor o camiño percorrido e os desafíos que temos por diante. O texto pode descargarse na páxina web do Foro Económico de Galicia.

Probablemente, o resultado máis relevante que recolle é que Galicia se achegou de forma intensa á renda por habitante española no que levamos de século. Pasamos de seren décimo quintos na clasificación autonómica (79% da media) a novenos (93%), da cola á mediana. E fixémolo medrando ao mesmo ritmo que o conxunto de España.

Porén, mentres España experimentaba un notable crecemento demográfico ( 23% acumulado), Galicia mantíñase estancada en volume de poboación ( 0.1%). O esperable sería que esa perda de peso demográfico, ese estancamento no número de clientes e traballadores propios, viñese acompañada dunha perda significativa de peso económico. De feito, iso foi o que aconteceu noutras comunidades con traxectorias similares no demográfico, como Asturias, Castela e León ou Cantabria. Galicia rachou con ese patrón. Máis aínda, segundo a Contabilidade Rexional do Instituto Nacional de Estadística, entre 2000 e 2024 só en cinco comunidades autónomas —Madrid, Murcia, Baleares, Cataluña e Castela-A Mancha— o seu Produto Interior Bruto........

© La Opinión A Coruña