menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Galiza e o profesor e arqueólogo Martín Bueno

35 0
15.08.2026

Chéganos, de xeito serodio, a inesperada noticia do pasamento, na mañá do día 4, do egrexio profesor e arqueólogo Manuel Martín Bueno. Maniféstao e sinte ben a súa cidade, Zaragoza, tal perda. Estudoso e amigo desta Galiza abeirada de mar nuns 1.500 quilómetros e con tanto potencial de arqueoloxía submarina, o que ben sabía e non perdeu de vista. Mesmo tamén por ter como compañeira á betanceira María Luísa Cancela Ramírez Arellano, artillando un imprescindible tándem na xestión do patrimonio cultural: ela arqueóloga, historiadora da arte formada en Compostela, profesora e conservadora do Museo de Belas Artes de Zaragoza, directora do Museo Pablo Serrano, implicada no montaxe do Museo de Cerámica de Zaragoza, experta en Goya... cunha ampla experiencia adquirida en centros de investigación estranxeiros, profesora da UNED centrada nas cuestións de museoloxía, tan necesarias para a xestión do patrimonio cultural dun país maduro, coordinando concorridos cursos de verán no Mosteiro de Piedra (Calatayud) aos que mesmo fomos convidados como docente. Ambiente do que saíron influentes xeracións de discípulos, entre eles contamos na Coruña, como director do seu Museo Arqueolóxico, ao aragonés e xa galego Jaime Oiza Galán.

Moito habería que dicir dese eixo cultural conformado polas relacións Galiza-Aragón, da vella irmandade atlántica coas ribeiras do río dos iberos, coa Casaeraugusta (Zaragoza), onde converxen os camiños de Roma, ir e vir de continxentes romanos. Mesmo historia cosida na cristianización entre Santiago e a Pilarica, entre alianzas da nobreza medieval de aquí e acolá, a peregrinación.

 Martín Bueno, cum laude pola Universidade de Zaragoza, da que, dende 1968 ao 1978, foi profesor de Arqueoloxía e Numismática. Misión docente que, no 1980, lévao como agregado á Universidade de Córdoba, no 1981 a ser catedrático de Arqueoloxía na Universidade de León, pedindo axiña traslado a súa Zaragoza de ida e volta. Actividade profesional sempre envolta nun singular afán pedagóxico da Arqueoloxía, ciencia interdisciplinar, interactiva que........

© La Opinión A Coruña