menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

As orixes da lenda de Breogán e a antiga irmandade Galiza-Irlanda

17 0
10.07.2026

Los orígenes de la leyenda de Breogán é o título dunha obra en castelán do profesor Ramón Sainero, entre tantas que ten como creador e animador do Instituto de Estudios Celtas, avaliado pola Academia de la Historia e no que ramifican varias agrupacións sobre a celtoloxía na península ibérica. Sainero e o celtismo merecen algo máis que un capítulo aparte.

As historias dos pobos, das relixións, tratan de ennobrecerse e para iso fundaméntanse no oriente, en feitos literarios como a Guerra de Troia. Un xeito de enxalzar liñaxes, entre a aura de mitos, lendas e contradicións. O referido a Breogán aparece en manuscritos de abadías irlandesas, empeñados en buscar ou inventar unhas orixes en Exipto e por medio a conexión coa Tartessos do mítico rei Gárgoris. Navigatios realizadas por experimentados nautas, herdeiros dos fenicios, coñecedores do cabotaxe, das rutas que seguían máis alá das chamadas polos grecolatinos Columnas de Hércules, buscadores do estaño e do ouro.

Alfonso X, na ansia de arrimar a súa liñaxe ao universo grecolatino, recolle os traballos do heroe grego Hércules e adxudícalle o periplo celta da lenda de Breogán, de Xosé de Arimatea que leva polo occidente atlántico o Grial, de Barandán, do San Amaro, de Trezenzonio...

Referencias a Breogán que aparecen nos Anais de Clonmacnois, sc. XVII, que segue a desenvolver o contado no Libro das Invasións a Irlanda, Leabhar Ghabhala Érenn, do s. XII, recollendo mitos máis antigos, insistindo na súa orixe en Exipto, para ires sumando aportes que pasan por Anatolia, polos Balcáns... para estenderse pola beiramar occidental de Iberia. E ben o demostran os achados con esas tradicións, de Huelva até Estremadura, véxase Turuñuelo. Ao fin e ao cabo orientarse é procurar o oriente. E así constrúense altares, templos e rézase cara ao oriente. E dentro diso o enigmático mundo que para os grecolatinos eran os seus outros, «os celtas»: amalgama conformada nos camiños indoeuropeos, iranianos, anatólicos, balcánicos... pola confluencia de........

© La Opinión A Coruña