menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Algo de Arqueoastronomía: equinoccios, solsticios e eclipses

35 0
07.08.2026

Monte Tetón (Tomiño) / Felipe Senén

A arqueoloxía é ciencia interdisciplinar, a que define a países maduros, preocupados polo pasado que os sustenta. Disciplina pois interactiva, coa ansia de reconstruír tempos pretéritos e non soamente a través de estruturas ou artefactos, senón tamén de tradicións. Na arqueoloxía entran entón en convivencia outras ciencias: as do medioambiente, biolóxicas, xeolóxicas, astronómicas e tantas tecnolóxicas, en relación cos diferentes análises.

Ciencia arqueolóxica que pon a proba que os seres humanos nunca deixaremos de sorprendernos ao estar prendidos ao humus, á Terra que nos soporta, sometida aos Catro elementos que a conforman, o Lume, o Aire, a Auga e a mesma Terra. Terceiro planeta do sistema solar, bola rochosa e de auga, luída, cuberta de vida, inmersa na inmensidade dun cosmos infinito, eterno e en devalar constante, con ritmos coñecidos e descoñecidos. Así é que a fin de dar respostas nacen confrarías envoltas en relixións, mitos, ritos, contos, celebracións... Namentres a ciencia, apartando orelleiras, recolle pasados e estende a ollada a futuros, pasiño a pasiño, para fender co misterio, coa maxia, coa bruxería... termos que aplicamos ao descoñecido, parte das relixións, da teosofía, as que tamén aguilloan á fantasía, á inspiración, esenciais á arte e á literatura. E máis aínda nesta nosa estremeira.

Laxe da Roda (Muros) / Felipe Senén

Escritores da antigüidade referíronse aos eclipses, tal como no sc. V a.C Heródoto, o que nos conta como nun deles o arrepío fixo que combatentes medos e lidios fuxiran do campo de batalla. Plinio o Vello, o que no sc. I dá conta do ouro da Gallaecia, tamén estudou a mecánica dos eclipses, igual que fixo Polomeo. Pouco despois Plutarco fálanos do comportamento da xente ante tan insólitos acontecementos. Polo mesmo tempo Estrabón, na súa Xeografía abonda en datos sobre o Noroeste Ibérico, contando que celebraban as noite de plenilunio, así como a divindades cósmicas.

No referente á Arqueoastronomía, a ciencia........

© La Opinión A Coruña