Sonetos a carón do Berbés
Hai libros que, máis alá do seu contido, teñen dende a súa creación unha sorte de historia ao seu arredor que describen o seu nacemento e cómo o libro se achegou aos lectores a través de diferentes momentos que o puxeron en valor. Durante estes días e grazas á editorial Elvira, os trece sonetos escritos por Manuel Lueiro Rey para participar no certame Ciudad de Vigo en 1960, e que resultaron vencedores, atoparon outro deses momentos cunha terceira publicación, que nos permite asomarnos á calidade poética do autor de Fornelos, capaz, dende esta métrica vencellada ao territorio máis clásico, de escribir algúns dos mellores sonetos do pasado século.
Vigo en tres paisajes é, daquela, a terceira edición deste poemario. A primeira veu da man do propio Lueiro Rey, que naquel ano 1960, ante as dúbidas sobre se o Concello de Vigo ía editar o seu poemario gañador, fixo unha edición propia en Pontevedra, baixo o título de Sonetos a la ciudad de Vigo. A segunda, en 1990 pola Editora Kantil, co título de Vigo en tres paisajes, coa activa participación........
