menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Cid Cabido volve xogar en terra batida

33 0
29.04.2026

O ESCRITOR  de Xunqueira de Ambía non deixaba pistas. Nin colaboracións en prensa nin entrevistas nin declaracións de intencións. Tivemos que analizar  a súa cadencia de publicación para calcular o advento. Empecei a lelo con 'Días contados' (1991). Seguiron 'Panificadora' (1994), 'Oralmente pola boca' (1997), 'Grupo abeliano' (1999), 'Fálame sempre (2003), 'Blúmsdei' (2006) e 'Unha historia que non vou contar' (2009). Todas publicadas por Xerais. A cadencia media eran tres anos.

Nesa obra hai un coche, un Renault 8, e un Andrés Vila, O Viñas. O narrador e O Viñas deciden unha noite aleatoria de 1984 viaxar de Vigo a París. Daquela non había GPS, os dous amigos saíran "obviamente, sen mapa ningún" e sen un can. Collen un autoestopista que aspira a chegar a Barcelona. Todo o que leva enriba é tabaco. Os tres conviven durante os cinco días nun Renault 8 sobrevivindo a base de fuagrás, pan roubado e fume de cigarros.
Eu coñecín a Andrés que Cid Cabido converteu en personaxe. Era artista, pintaba escribí e tiña bigote longo.
Fóramos a un pub. Andrés fumaba movendo os brazos como se fosen aeroxeradores cervantinos. Os seus xestos esvaecían no momento en que os trazaba. Lembro a Andrés falando e falando como se dictase unha novela. Lembro rirme a peito aberto co seu humor........

© Galiciaé