Últimas caladas do Senhor António
AS TRECE LETRAS que canta Vitorino nese disco de 1992 foron escritas polo Senhor António. O músico e o letrista eran amigos da vida. Frecuentaban bares, acobadaban nas barras de chapa metálica, limpaban as solas dos zapatos no serrín e falaban, falaban. Nun momento calquera, aleatorio, caprichoso, o Senhor António quita un bolígrafo Bic azul do peto, tira dunha servilleta de papel e escribe: "E eu que me comovo por tudo e por nada...", a letra da canción 'Bolero do coronel sensível que fez o amor en Monsanto'. Fala dun militar que bota un fogonazo cunha prostituta con cinismo e ironía, que veñen sendo a mesma visión do mundo. O señor é António Lobo Antunes, recén marchado o xoves deste mundo onde os coroneis lamentan que as prostitutas prefiran "cincocentos escudos" de pago ao seu amor. Vitorino contaba, cando o pasamento do Lobo, que el prefería que o chamasen Senhor António.
Ese lobo era o que tremía lembrando que a nai gardaba o papel de prata que evitaba que a tableta de chocolate se derretise como se fose o corazón dun oficial cegado por unha rameira. "Un papel de prata, amachucado e cuidadosamente alisado coa uña, gardado como se fose unha xoia da coroa. Non era un papel calquera: era a proba dun instante, o resto dun cariño, a memoria dun día en que alguén lle deu unha dozura e ela, en vez........
