Unha casa onde vivir
SERÁ POLA certeza de que a vida acaba imitando á arte, ou porque nun par de clics xa lles aparecían o crime de Santoalla e Luís Zahera mascando ese "Te aburrimos, francés?", pero iso dos guiris a buscar casa en Valdeorras ben pouco se ve. Hai uns anos, co furor das pelis de tarde —esas onde sempre é verán, pero do que nunca abafa nin trae velutinas, e xente alemá encontra o amor e a tranquilidade nunha aldea meridional onde vives case que do aire— queimaban os ollos secos e as tardes longas da xubilación vendo portais inmobiliarios. E como a Toscana se lles ía de prezo, ou querían arredarse máis do mundo, pois ían desprazando o foco.
Que as mudanzas son unha maldición sabémolo dende 'A viaxe de Chihiro'. Hai máis terror na parte do coche, cando o enchen ata arriba de maletas e incerteza para comezar de novo noutra cidade, que na do parque de atraccións abandonado onde agardan os monstros todos.
Tiña que ser de Valdeorras unha das nosas mellores poetas. Inma Núñez deunos algúns dos versos máis demoledores do que levamos de século; non somos poucos os que poderiamos tatuar o seu "así é que son e actúo como........
