menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A nova centralidade industrial de China e nós

3 0
wednesday

Durante case catro décadas, a economía política da globalización industrial descansou sobre unha repartición relativamente estable de funcións: as economías occidentais concentraban o deseño, a propiedade das marcas, a innovación tecnolóxica e a fixación de estándares, mentres que China actuaba como o gran espazo de ensamblaxe global, achegando escala, custos competitivos e capacidade manufactureira. Esa arquitectura, presentada durante anos como unha interdependencia funcional, contiña en realidade a xerarquía implícita dunha China indispensable, mais subordinada; central na produción, mais periférica na toma de decisións.

Esa estrutura está a se erosionar de forma acelerada. O que hoxe observamos non é unha simple «emerxencia» chinesa, senón unha transformación de fondo na organización do poder industrial global. A combinación de capacidades tecnolóxicas propias, políticas industriais activas e dominio en cadeas de subministración estratéxicas permitiu a China deixar de ser exclusivamente a «fábrica do mundo» para se converter nun actor con capacidade de deseño, innovación e definición de estándares. A consecuencia é incómoda para os vellos equilibrios pois o sistema xa non xira arredor dun único centro normativo occidental.

As........

© Faro de Vigo