menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

En tempo de predicadores

17 0
20.06.2026

Alguén tan pouco sospeitoso canto a posibles querenzas mistéricas como viña resultar o desaparecido líder cubano Fidel Castro foi declarar -tal acontece no documental Comandante (2023), dirixido por Oliver Stone- que «o máis ‘normal’ (ou ‘natural’) nos seres humanos é confesarse crente». Sen que por iso chegase a admitir o comandante calquera afecto ou propensión, da súa parte, respecto dunha forma relixiosa determinada, si que xulgaba, no entanto, que a forza da cultura (e da tradición), as incertidumes diante do descoñecido e aínda a procura da xustiza social (máis en concreto, desde o legado de Xesús de Nazaret) explicaba/explican ese devezo psicolóxico nas mentes –xa saben Vdes: «Algo si que creo que ten que haber»- dunha ampla maioría de persoas. Marxista convencido, o célebre dirixente revolucionario de certo que interpretaba así mesmo que o seu «credo» non obedecía a semellantes latexos senón á pura certeza canto ás veracidades do materialismo dialéctico. Mais con todo -Indro Montanelli advertiunos no tocante ás........

© Faro de Vigo