De cámaras e de gases
«I was born in a cross-fire hurricane (...) But it´s all right. I´m Jumpin´ Jack Flash./It´s a Gas! Gas! Gas!» Desde logo, coido que han de ser dabondo/moitos os, sempre moi amables, lectores destas crónicas semanais que coñezan os versos senlleiros. Segundo mantén a lenda, foron compostos por Mr. Keith Richards e Mr. Michael Philip Jagger logo dunha certa mañá do ano 1967/68 cando ambos andaban pola casa de campo do primeiro. Daquela, nun momento dado, Jagger sobresaltouse por mor dun extraño ruído que proviña de fóra. «Que é iso que se escoita, Keith?» «Non te apures» -respondeulle o seu camarada- «Trátase de Jack, o xardineiro. Jack, o brincador! Canto ao resto, tan só se trata de gas, gas, gas!»
Nacida en 1975 en terras de Bande e deputada na hora actual no Congreso español pola provincia de Ourense, descoñezo, cales poden ser as filias/fobias musicais de Dna. Ana Belén Vázquez e de aí a imposibilidade de establecer unha relación máis directa entre ela e o célebre tema de The Rolling Stones. Porén, e a xulgar polos seus comportamentos públicos, si que coido que cabe considerar, con todo, unha........
