PalabrerÍA
Nunha recente viaxe en tren ía sentado xusto ao carón deses asentos enfrontados, cunha mesa no medio, que tanto odio cando me tocan nesa distribución supostamente aleatoria. Recoñezo que, para unha familia ou un grupo de amigos, poden facer a viaxe moi entretida, pero, para quen viaxa só e cun libro, son unha fonte continua de distraccións e unha incomodidade considerable se un ten as pernas longas.
Nesta ocasión, neses asentos viaxaba un grupo de estudantes universitarios. Ían contándose as súas cousas e facendo bromas continuamente. Un deles comezou a falar da intelixencia artificial con desdén, mesmo con desprezo. Todos recoñeceron que a utilizaban, pero tamén asentiron ao afirmar que non lles gustaba o imperialismo tecnolóxico dos Estados Unidos nin como a IA o acentuaba e, sobre todo, falaban da súa preocupación diante da ameaza........
