Coches polos aires
Chegoume ao móbil un vídeo do Tesla Roadster que se presentou recentemente nunhas instalacións de SpaceX en Texas. No vídeo víase o coche subir por unha rampla ata quedar co teito cara abaixo, para despois propulsarse, cunha pirueta incluída, ata pousar suavemente no chan. Pensei que estaba feito con IA e non lle prestei maior atención. Mesmo me pareceu pouco imaxinativo. Postos a utilizar a IA xerativa para crear escenas hoxe imposibles, ocórrenseme cousas moito mellores. Cando máis tarde vin que o que amosaba o vídeo acontecera realmente, quedei perplexo e comecei a buscar información para ver como o fixeran. O coche fora equipado con propulsores de gas comprimido desenvolvidos conxuntamente polas dúas compañías de Elon Musk. Alcanzar case 100 km/h en menos dun segundo tampouco é ningunha parvada, como tampouco o é o sistema de succión empregado para manter o vehículo pegado a unha rampla en forma de C, desafiando a forza da gravidade. O que está claro é que a Elon Musk gústalle ver os seus coches polos aires. En febreiro........
