menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Vigo, líder de Galicia

22 0
21.07.2026

Se algo lamento da actual gobernanza municipal viguesa é o escaso entusiasmo co autogoberno galego, en detrimento da confianza non sempre xustificada co goberno amigo da coalición PSOE e Sumar. Unha práctica inverosímil que decote actúa coma se non existisen as institucións autonómicas creadas en 1981, en boa medida pola reclamación viguesa mobilizada de forma grandiosa na mañá do 4 de decembro de 1977 por un Estatuto pleno e unha Autonomía de primeiro nivel. Reclamación que corenta anos despois corroborara o apoio do 75% do censo daquel referendo do Estatuto de Galicia votado o 28 de xuño de 1936, polo que accedemos á condición de nacionalidade histórica na Constitución.

Comportamento do goberno municipal vigués ao que non é allea a estratexia de polarización asimétrica coa que desafía a Xunta de Galicia, coa que intercambia reproches mutuos tanto sobre temas relevantes como outros propios dunha exhibición de esgrima. Mentres que para o Concello de Vigo todos os males e carencias da cidade son responsabilidade de Rueda, para a Xunta de Galicia estas calamidades son atribuíbles só ao mal goberno de Caballero. Estratexia comunicativa que o concello vigués estende as súas relacións coa deputación provincial, coa que mantén polémicas tan pouco substanciosas como a........

© Faro de Vigo