menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O galego ben da humanidade

20 0
31.03.2026

Un amigo fíxome chegar o artigo de Xosé Luis Barreiro Rivas «Ningunha lingua é eterna» publicado no xornal conservador da Coruña. Non fixo falta ser o inspector Caldas para concluír que o articulista quedou irritado coas enquisas pre-electorais, que aventuran un excelente resultado para o BNG. Pouco tardou o veterano político de Forcarei en coller o lanzachamas da «imposición do galego» e da utilización por parte dos nacionalistas do idioma.

Xaora, baixo a aparente retranca e a pretensión delirante de contar cunha lingua universal co 60 % de palabras inglesas, chama a atención que quen foi vicepresidente da Xunta de Galicia, cando se aprobou a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística e que foi principal responsable da apertura da Radio Galega (1984) e TVG (1985) e do carácter monolingüe das súas programacións, trasacordase e pretenda agora cun chaplaso nunha columna se desentendese das políticas públicas de uso e fomento do galego das que foi responsable.

Sen intención de enredar o palangre, agoiro que este texto non é só unha chiscadela de ollo aos electorados de Democracia Ourensana e VOX, partido fascista que esixe ao PPdeG a derrogación das políticas lingüísticas. Tras o fracaso do........

© Faro de Vigo