Eu tamén navegar
Escasas veces un verso, «Eu tamén navegar», acada admiración e popularidade tan unánime na sociedade literaria galega até transformase en insignia da loita e empoderamento das mulleres, as que sosteñen a metade do ceo, coma tamén de esperanza de todas as persoas migrantes e excluídas pola súa diferencia, que sofren agardando. Verso inesquecible de Xohana Torres (Santiago, 22 de novembro de 1929 – Vigo, 12 de setembro de 2017), que pecha o poema «Penélope» do libro Tempo de ría (Espiral Maior 1992), empregado o 27 de outubro de 2001, polo tanto hai vinte e cinco anos, para titular o discurso de ingreso na Real Academia Galega presidida polo teimudo humanista Francisco Fernández del Riego.
Unha entrada moi celebrada nas letras galegas, a substitución da cadeira do poeta Aquilino Iglesia Alvariño, cando na institución de Tabernas apenas participaban dúas mulleres fronte a 25 homes, a poeta e profesora, radicada na Coruña, Luz Pozo Garza, que ingresara en 1996, e a bibliotecaria ourensá Olga Gallego. Unha desigualdade tan vergoñenta, á espera dunha resposta contundente, que a nova académica ofreceu nun texto memorable e lúcido, sentencioso e irónico. Palabras dunha poeta chegada á Academia preparada........
