Einstein en Vigo
Entre as efemérides esquecidas o pasado ano en Vigo, a máis notable e singular foi a do centenario da recalada o 9 de marzo de 1925 de Albert Einstein, o científico máis popular do século XX. Noticia ben acreditada dende 2011 cando o físico vasco Santiago Rementería Sanz publicou o artigo «Un testimonio del interés de Einstein por las aplicaciones tecnológicas» na Revista Española de Historia de las Ciencias y las Técnicas.
Visita do profesor xudeu rescatada en 2016 nas páxinas de FARO DE VIGO polo noso sempre admirado Ceferino de Blas e que relataría Eduardo Rolland un ano despois. Investigación de Rementería centrada na carta que Einstein escribiu de puño e letra o 27 de maio de 1925 que testemuña, ademais das anotacións no seu diario, a recalada en varias cidades da fachada atlántica en 1925, con motivo da súa travesía a Sudamérica «extra rápida» a Buenos Aires.
Viaxe a bordo do Cap Polonio da Compañía Hamburguesa Sudamericana, transatlántico de 20.600 toneladas e 200 metros de eslora, un vapor con todas as comodidades da época, anunciado como un palacio flotante, que contaba con todo tipo de servizos e salóns de música, lectura, ximnasia ou esgrima.
Embarcou Einstein en........
