menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Defensa ofensivo, porteiro salvador

29 0
19.10.2026

Driouech non fixo un partido sobranceiro, mais non deixou de tentalo mentres estivo no campo. / Pablo Hernández Gamarra

Entre os tipos de xogadores dos que fala Johan Cruyff nos seus libros, non atopei referencia por ningures dun apartado dedicado ao defensa ofensivo, a que para min mellor lle acae ao celeste Javier Rodríguez. Unha promesa da Madroa, celeste dende benxamíns, que a pasada tempada, con ficha do filial, xogou corenta partidos, o segundo xogador con máis minutos, con resultados deportivos óptimos, partidos memorables pola súa fiabilidade á que lle engadiu algún gol e varias asistencias, que lle valeron o seu debut como internacional en Riazor. Tras un inicio de tempada frouxo, os seus partidos nesta semana xa o colocan outra vez entre os mellores celestes.

Nas posicións do míster do chupachus é certo que está a do defensa libre, o que xoga con maior liberdade, ao que Johan define como o cempés do cadro porque a súa misión principal no campo é cohesionar ao equipo. No Celta da tempada actual esta posición a ocupa o xove Yoel Lago, que adquiriu unha madurez espectacular, sen apenas erros (certo que onte tivo unha entrega defectuosa), facendo a maior parte do seu xogo co centrocampista defensivo, no caso do Celta de onte, Hugo Burcio, outra promesa que gabea ao primeiro para quedar. Tamén o defensa libre adoita combinar........

© Faro de Vigo