menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A familia Fraiz represaliada

22 0
24.02.2026

No ciclo do Ateneo Atlántico relatei a traxedia dos Fraiz Castellanos, outra das historias de represión máis arrepiantes sufridas por unha familia viguesa. Memoria que comeza coa execución ás sete da mañá do 14 de setembro de 1937 no monte do Castro de Víctor Fraiz Villanueva, mestre nacional de 50 anos, con escola en Coia, tras ser xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte polo delito de ser un dos fundadores da Federación de Traballadores do Ensino da UGT.

Negra xornada lembrada durante anos pola necrolóxica que Salustiano, un dos sete fillos, publicaba nas páxinas de FARO DE VIGO cada 14 de setembro, lembrando «aos seus mártires»: ao seu pai, a súa nai Placeres Castellanos Pan e aos seus tres irmáns, Víctor, Vicente e Moncho, vítimas daqueles anos de terror branco. Víctor e Placeres, a primeira muller da agrupación socialista de Vigo (1933), formaran unha familia grande con sete fillos que quedou rota dende o mesmo día do alzamento que a sorprendeu en Madrid nunha reunión do Socorro Vermello Internacional, da que ela era secretaria do comité de Vigo.

Víctor Fraiz Villanueva pasará a historia viguesa por representar as luces de progreso e igualdade emitidas pola educación da........

© Faro de Vigo