Xosé Manuel Beiras: o titán de Galiza
Xosé Manuel Beiras. / Xoán Álvarez
O falecemento de Xosé Manuel Beiras aos 90 anos deixa un baleiro incalculable na cultura e na política galegas. Para moitos —e cóntome entre eles— supuxo a figura pública máis relevante da Galiza contemporánea, o verdadeiro referente e continuador do legado histórico e ético de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Nado en Santiago de Compostela en 1936 no seo duna familia de profunda raíz galeguista, formouse en Dereito en Santiago e ampliou estudos de Economía na Sorbona de París e na London School of Economics, unha sólida base académica que o levaría a converterse en catedrático de Estrutura Económica da Universidade de Santiago e a publicar obras imprescindibles como O........
