Maricarmen ou o fracaso coma sociedade
Maricarmen ou o fracaso coma sociedade.
Por distintas razóns persoais, todas elas de profundo calado, nos últimos anos fixen o esforzo de convencerme a min mesma de que unha casa só son unhas paredes; o lugar que habitaches ou soñabas habitar durante un período de tempo e máis nada. Coma se espindo o concepto ao despoxalo de toda a emoción que en realidade abarca, puidese transformar algo tan poderoso coma un fogar nunha armazón sen alma. No fondo é un mecanismo de supervivencia. Se logras meter o sentimental nunha neveira e deixalo aí o tempo necesario para afrontar un cambio que non queres, é máis fácil manterte a flote. Toda teoría perde sentido cando ves o rostro dunha muller de oitenta e sete anos cunha lucidez insólita dadas as circunstancias abandonando a da casa da súa vida, sen ter alternativa de vivenda, para ser trasladada en padiola a un hospital.
Eu non comprendo como se pode........
