Contar a soidade
A pintora Natasha Lelenco no seu taller / @natashalelenco
Por motivos de traballo, co propósito de facer as dúas primeiras reportaxes dunha serie sobre artistas no seu espazo creativo, entrei nos estudos de dous deles en Ourense: Xosé Poldras e Natasha Lelenco. Compartiron comigo –e, xa que logo, cos demais– o escenario onde a idea e as inquedanzas se transforman en obras rematadas, ou en pezas que aínda se atopan en proceso, ou en proxectos que prenderon pero, por distintas razóns, quedarán inconclusos, aínda que, polo momento, os autores non o saiban. Con coidado de non ser indiscreto notei que a miña presenza nos seus lugares de creación constituía, inevitablemente, unha intromisión. A........
