Cando a vida nos esperta
Unha muller sostén a man dunha nena / Brais Lorenzo
A práctica demostra a teoría de que as cousas son importantes só cando alteran o equilibrio da nosa esfera interior, tanto se nos fan chorar de ledicia, como se as bágoas propagan a tristura; cando xeran ansiedade ou, ao contrario, unha alegría que desborda. A felicidade é ruidosa, pasadía, estrafalaria, pero a dor, que ninguén de nós quere, e que adoita ser unha vivencia máis íntima, tamén alimenta a vida, e confirma que estamos aquí e respiramos. É coma a beliscadura que secuestra dun soño a unha persoa que durmía.
As noticias que merecen ser........
