Venezuela secuestrada: a Democracia Bolivariana fronte ao fascismo imperial do petróleo
Hugo Chávez falou sempre da democracia protagónica, a que vai moito máis alá de votar cada cinco anos e meter unha papeleta nunha urna. Falou da unión cívico-militar, da base socialista e bolivariana, dun pobo que deixa de ser espectador do seu propio destino para converterse en protagonista. O socialismo da República Bolivariana nunca foi unha copia de nada nin de ninguén: desde o primeiro día, a figura do Libertador Simón Bolívar e a conciencia de clase dun pobo historicamente saqueado formaron a columna vertebral do proxecto que Chávez levantou e que Nicolás Maduro sostivo, cos seus acertos e as súas contradicións, durante máis dunha década baixo o asedio permanente do imperio.
En ningún país do mundo se votou tanto como en Venezuela. Desde a vitoria do MVR en 1998, o pobo venezolano foi chamado unha e outra vez a decidir, a ratificar, a corrixir, a construír as ferramentas dunha democracia participativa que puña o poder en mans das maiorías e non en mans dunha oligarquía vendida a Washington. Esa é a verdadeira acusación que nunca perdoaron nin perdoarán: que Venezuela se atrevese a dicir que o seu petróleo era do seu pobo e non de Wall Street.
O crime que Occidente chama operación.
Na madrugada do 3 de xaneiro de 2026 o imperio cruzou a última liña vermella. Forzas especiais estadounidenses, na chamada «Operación Determinación Absoluta», irromperon en Caracas e secuestraron ao presidente constitucional de Venezuela, Nicolás Maduro, xunto á súa esposa Cilia Flores. Sacárono do seu país en helicóptero, procesárono coma a un delincuente común nunha sede da DEA en Nova York e........
