Maricarmen: matárona os voitres e os seus cómplices
Morreu Maricarmen. Tiña 87 anos, levaba máis de 70 na mesma casa, no barrio madrileño de Retiro, e botárona dela un 23 de setembro. Desde ese día permaneceu hospitalizada. Non volveu vivir no seu fogar e agora xa non volverá nunca.
Un crime con nome e apelidos
Digámolo sen rodeos, porque a hipocrisía institucional xa terá tempo de falar de «traxedia» e «lamentable desenlace»: a Maricarmen non a levou o destino. Desafiuzárona uns voitres carroñeiros, deses que ven nunha casa unha cifra e nunha anciá un estorbo. E fixérono co amparo de políticos que son aínda peores, porque eles, polo menos, non disimulan que o seu........
