Donald Trump o bufón que se cre dono do mundo
Donald Trump repite, xa van preto de cen veces, que gañou a guerra contra Irán. E agora engade unha nova bravata: o estreito de Ormuz será dos Estados Unidos. Se o personaxe que o di non tivese a man apoiada sobre o botón nuclear e non dirixise o maior aparato militar do planeta, todo isto sería un circo de risa doada. Pero non o é. Detrás do pallaso hai miles e miles de mortos: o xenocidio en Gaza que sostén co seu apoio incondicional a Israel, a agresión contra o Líbano, a guerra ilegal e inmoral contra Irán, a persecución do inmigrante coma se fose unha alimaña dentro do seu propio país.
Agora quere quedar co estreito de Ormuz, igual que antes quixo quedar con Groenlandia e lle cambiou o nome, ou como di que se quedará con Canadá, coma se o capricho dun só home abondase para reescribir a xeografía do planeta. Ao golfo de México chámalle golfo de América. Groenlandia, que segue a ser........
