Leccións da historia
Non se trata de poñerse apocalíptico, aínda que dun tempo a esta parte os acontecementos non inviten precisamente ao optimismo. As últimas declaracións de António Guterres, secretario xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU), son unha nidia expresión de impotencia perante os conflitos que estamos a vivir. Conflitos internacionais.
Mais que ninguén pense que quedamos fóra. Como no poema de John Donne non somos unha illa, cada un de nós forma parte dun todo que nos afecta e compromete, «non preguntes por quen dobran as campás, dobran por nós».
En xuño de 1919, logo das matanzas da Primeira Guerra Mundial, constituíuse en Xenebra a Sociedade de Nacións, o primeiro intento de crear unha organización internacional para arbitrar os conflitos........
© La Voz de Galicia
visit website