Defensa do pensamento crítico
Hai un par de semanas comentabamos nesta mesma columna o caso do adestrador da selección uruguaia que se queixaba de non poder traballar cos xogadores porque non se daban concentrado máis alá de cinco minutos de explicación teórica e porque, mentres lles falaba, o único que facían era consultar os móbiles. E eu pensaba nos nosos alumnos adolescentes e mesmo nas dificultades de concentración diante dun texto escrito de moitos universitarios, un par de folios, xa non digamos cando dabamos bibliografía para ampliar un tema. «É moito para ler», protestaban algúns. Non todos, certamente. Pero cada vez eran máis as queixas. A lectura cansa. A respecto de xeracións anteriores os hábitos perdéronse. Non se trata de........
