Aa
Aa
Aa
-
A
+
Crebar as liras!
O pasado día 21 celebrouse o Día Internacional da Poesía, e os xornais non nos deixan respirar: «Se eu fixen tal mundo, que o demo me leve!», escribía Curros Enríquez en 1880 (Aires da miña terra). Deus, xa velliño, sae a pasear para contemplar a súa creación e regresa arrepiado. O poema titúlase Mirando ó chau. Foi un dos que non gustou ao bispo Cesáreo de Ourense, quen promoveu a excomuñón e denuncia contra o poeta diante do gobernador civil, Víctor Novoa Limeses, solicitando o secuestro do libro. Tampouco lle gustou A igrexa fría, cando dicía aquilo de «hidrópico e negro (…) o lombo deforme do vello mosteiro». O xuíz Manuel Mella Montenegro condenouno a dous anos,........
© La Voz de Galicia
visit website