menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Cantar despois de comer

3 1
sunday

Na miña casa de neno, en Pontevedra, distinguíase entre a xente que cantaba despois de comer e a que non cantaba. Era unha distinción retranqueira, pero que o meu tío Alfredo, mariñeiro da ría e das plataformas, argumentaba dicindo que o mar (o peixe) sempre estaba alí, por iso a xente mariñeira o celebraba, mentres que os de terra a dentro vivían agoniados polas colleitas, as secas do verán, as enxurradas a destempo, as xeadas, o bicherío… Un mal ano de millo ou patacas non era doado de superar. Era unha interpretación bastante simple, pero que repetía sempre, sobre todo os días de festa, cando se xuntaba a familia e durante horas os vellos e os máis novos non paraban de cantar.

Non é a primeira vez que falo disto. Daquela........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play