Aa
Aa
Aa
-
A
+
San Valentín, Romeo e Xulieta
Escena I e única.
Noite de San Valentín. Romeo gabea o muro de pedra e cun brinco entra no xardín dos Capuleto. Ao fondo, o pazo señorial e sobre a porta barroca o escudo do PP entre as bandeiras galega e española. Á esquerda da fachada, Xulieta, no pequeno balcón da súa alcoba, co cóbado na baranda e a man na meixela, parece soñar.
Romeo: Que luz brilla naquela xanela? É o Oriente? É o Sol? É Xulieta! Envexa ten a Lúa da súa beleza. Quen fose luva na súa man para acariñar tan lindo rostro!
(Corre cabo dela e Xulieta sobresáltase).
Xulieta: Ai de min!
Romeo: Segue a falar, meu doce ben. Regálame o do re mi fa sol da túa voz.
Xulieta: Oh, Romeo, Romeo, Romeo,........
© La Voz de Galicia
visit website