Aa
Aa
Aa
-
A
+
Romper España
Metaforicamente, claro; porque que Cataluña vaia despegarse do puzle español por mor da amnistía do Goberno Frankenstein non o cren nin Feijoo nin Abascal nunha noite de troula. O certo é que está máis unida que no 2017, e aínda que a dereita cualifica de pamplinas e chorradas os argumentos do Goberno sobre a perda de apoio dos partidos independentistas, os números cantan. Nas eleccións xerais do 2023, que gañou o PSC por goleada, subindo de 12 a 19 escanos, Esquerra perdeu 6 e Junts 1. Ademais, o Centre d’Estudis d’Opinió deu a coñecer no setembro pasado un dato importantísimo: o apoio á independencia de Cataluña nos mozos de 18 a 24 anos........© La Voz de Galicia
visit website