menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Reflexionando, que é xerundio

9 2
08.06.2024

Estamos en xornada de reflexión e, como non quero turbarme nin turbar a ninguén coas intervencións de líderes e candidatos dispostos a degolarse dialecticamente ata o último minuto, vou recordar algunhas anécdotas divertidas ou curiosas da relación entre política e medios de comunicación, para despois seguirmos reflexionando coa alma serea e un sorriso nos beizos.

Empezo coa fuga de Napoleón da illa de Elba, onde levaba un ano exiliado ao ser derrotado en Leipzig. Alexandre Dumas deu a coñecer os titulares do xornal Le Moniteur Universail segundo o xeneral se achegaba a París. 28 de febreiro: «O antropófago saíu da súa gorida». 6 de marzo: «O tigre chegou a Gap». 7 de marzo: «O monstro........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play