Aa
Aa
Aa
-
A
+
O discurso do presidente
A min o discurso de Pedro Sánchez, despois de reflexionar e decidir a súa continuidade na presidencia do Goberno, pareceríame perfecto se en certos momentos pronunciase un mea culpa alto e claro. Dígoo porque, oíndoo e léndoo, parece que el non trocou no Congreso o debate respectuoso e racional baseado en evidencias polas mentiras máis groseiras nin ten responsabilidade na degradación da vida pública. E non é así.
Nos dous anos que Núñez Feijoo leva presidindo o PP, fixo cousas mal abondo para poder ser atacado, pero Pedro Sánchez non deixa de recordarlle en cada enfrontamento a amizade que tivo co narcotraficante Marcial........
© La Voz de Galicia
visit website