Aa
Aa
Aa
-
A
+
Carta a Santiago Rey Fernández-Latorre
Querido Santiago, pode que non recordes por que un día de 1985, con 42 anos cumpridos, troquei a miña profesión de técnico da construción naval en Bazán, Ferrol, pola de xornalista na Redacción de La Voz de Galicia na Coruña, pero ti fuches o indutor e o responsable. A min non me interesaba a filatelia, pero unha tarde de sábado asistín á inauguración da mostra que na torre dos Andrade, en Pontedeume, facía o meu amigo Pablo Díaz Novo, docente de gratísimo recordo na vila, e de súpeto apareciches ti, déchesme unha aperta e espetáchesme: «¿Por qué no dejas Bazán y te vienes a La Voz de Galicia?». E, sen darme tempo a abrir a boca, volvícheste a un........
© La Voz de Galicia
visit website