menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Propostas para mellorar o acceso a vivenda

8 2
23.10.2024

Solucionar o gravísimo problema da vivenda require de polo menos tres grandes consensos. O primeiro é entender que estamos nunha situación de emerxencia social, que obriga a situar a vivenda como prioridade das políticas públicas, destinando o 1,5 % do PIB a este capítulo. O segundo é recoñecer que a intervención pública é imprescindible: o mercado non vai resolver o problema que el mesmo creou. O terceiro é entender a vivenda como un dereito e non como un activo financeiro: as casas teñen que ser para vivir e non para especular.

Necesitamos un plan estratéxico de vivenda que combine medidas no curto prazo e outras no medio e longo prazo. A medida fundamental é un compromiso compartido polo conxunto das Administracións para crear un parque de vivendas para alugueiro social e de propiedade pública, sen opción a compra, isto é, de carácter permanente.

O obxectivo sería a promoción e a construción polo sector público de 500.000 vivendas nos próximos anos, cun prezo de alugueiro nun........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play