menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Desafíos: máis salarios e menos horario laboral

5 1
22.11.2024

En España hai 21.823.000 persoas traballando. É a cifra máis alta de toda a historia. O presidente Rajoy soñaba con chegar a 20 millóns de ocupados. Non o logrou. Agora estamos a piques de superar os 22 millóns. Nun escenario internacional extremadamente complexo, coa pandemia no 2020, a invasión de Ucraína, a crise enerxética e a inflación de 2022, a subida de tipos de interese do BCE ou a recesión da economía alemá, dende o 2018 en España creáronse 2.295.000 empregos.

Unha mellora do emprego xeneralizada e transversal, porque aumenta en todos os sectores de actividade, entre homes e mulleres, en todos os tramos de idade e en todas as comunidades. En Galicia, o número de persoas con traballo medrou en 110.000 ata chegar a 1.125.000, a cifra máis alta dende hai 18 anos, aínda que, ao contrario do conxunto de España, non é o máximo histórico. Galicia vai algo por detrás na........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play