Unhas eleccións vascas moi vascas
Euskadi ten o seu sistema político e responde a el. Non sei como traducirán o resultado fóra, nin lle importa moito a esa maioría (case 70 %) aberzale sen tentación de frontes. Tan difícil sería un Goberno PNV-Bildu como un goberno PP-PSOE, ou máis. O resultado, propio dun sistema político plural, ilumina o camiño de Cataluña e dun parlamento longo en Madrid.
As eleccións vascas sempre son moi vascas, pase o que pase en Madrid. Porque o que pasa na capital do Estado sempre ten algo que ver cos partidos vascos e non ao revés. Como o logran é doado de explicar: teñen o seu propio sistema político, pero nada do Estado, de Europa, nin do mundo lles é alleo. Eles interpretan a partitura da súa música aínda que os partidos estatais como o PSOE, de........
© La Voz de Galicia
visit website