Un cambio por unha presada de votos
Así se decidirán as eleccións galegas do vindeiro día 18 de febreiro das que sairá un presidente de Galicia elixido polo Parlamento. Por primeira vez na súa historia a autonomía galega ten a opción certa de ser presidido por unha muller. O resultado dependerá, segundo todos os indicios, dunhas presadas de votos que decidirán o último dos deputados de cada provincia. Eses catro escanos que daban maioría absoluta folgada ao PP dende 2009, agora poden ir a un BNG en ascenso sostido, a un PSdeG en franca recuperación, a Sumar pelexando por deputados na Coruña e Pontevedra ou ao alcalde que puxo en Ourense o PP.
Nestes tempos as sondaxes electorais atinan pouco pero todas marcan a mesma tendencia, en especial a do Centro de........© La Voz de Galicia
visit website