TVG
A TVG inaugurouse en 1985. Como cada 24 de xullo, véspera do Día Nacional de Galicia, do Día da Patria, tamén desta volta lembrei a velada popular na que se conmemoraba a fundación da TVG. Aquela noite —ao ano seguinte ou aos cinco anos— revertía a praza da Quintana nunha gala que celebraba a esperada e conquistada Televisión de Galicia, entendida única e exclusivamente como unha televisión en galego. Mesmo para os máis escépticos galegos autodeterministas —algúns acompañábanme nas escaleiras da Quintana aquel serán— aquilo demostraba o valor da Autonomía e a capacidade construtiva do Estatuto que tanto negaran. Os que uns anos antes protestaban en Bonaval, desconcertados coa chegada do Castelao que tanto querían porque non o traían eles,........
© La Voz de Galicia
visit website