O chavismo está maduro
Moita esquerda americana e europea está felizmente situándose contra as formas ditatoriais do chavismo, que non son novas. A vulneración das normas mais elementais do xogo democrático no último proceso electoral venezolano fixo saltar definitivamente as alarmas de moitos. Mais ben fíxolles falar porque non aturaban mais seguir calados. Viña de lonxe, era un segredo a berros. Na peor tradición da esquerda máis autoritaria, algúns preferían calar porque so podía haber dous campos, no antichavista so estaría a dereita e o imperialismo ianqui.
Nada menos democrático menos marxista e mais mecánico que ese dualismo simplón herdado do stalinismo mais paifoco. Nada máis de esquerdas que o pluralismo, a dialéctica e o debate aberto dende diferentes posicións que teñen conta da realidade. Nada menos de esquerda que vulnerar as........
© La Voz de Galicia
visit website