Israel e Palestina recordarán o teu nome
Recordarán tu nombre é a novela de Lorenzo Silva sobre o ferrolán xeneral Aranguren, que ao mando da Garda Civil logrou parar o golpe de Estado de xullo de 1936 en Barcelona. A súa némese podería ser o protagonista de Home sen nome, de Suso de Toro, sobre un compostelán perpetrador de masacres civís tras o éxito do golpe en Galicia. O dramaturgo francés de orixe libanés Wajdi Mouawad, que estrea estes días en Madrid, di que aquela guerra española foi unha profecía sobre o que nos agardaba a escala mundial no século XXI. Ás veces só a arte pode facernos ver con claridade o que temos diante.
Israel está perpetrando unha matanza en Gaza e parece que pode estendela ao Líbano. A información é fundamental para coñecelo, a historia para explicalo,........
© La Voz de Galicia
visit website