Franquismo non é o mesmo que antifranquismo
Foi noticia que a ONU, a través dos relatores especializados en «memoria, xustiza, verdade, reparación e reconciliación», chamou a atención a España por leis que se están elaborando en Aragón, Castela e Valencia. A noticia vén sendo que algúns non entenden que quere dicir a ONU, que outros, no seu ignorante sectarismo, din que Nacións Unidas fala de parte de Pedro Sánchez. Os promotores destas iniciativas lexislativas que van camiño de converterse en lei, os neofalanxistas que pactaron estas medidas para apoiar eses tres gobernos e formar parte deles, simplemente calan. Non necesitan abrir a boca para argallar unha disputa entre os demócratas baseada na confusión sobre o pasado de ditadura e o seu significado político. Son os presidentes autonómicos do PP os........
© La Voz de Galicia
visit website