Comedia política
Comedia. Despois de moito buscar, non atopo palabra que defina mellor a actuación de Carles Puigdemont o día que o Parlament catalán elixía un novo president que comedia. Se para moitos a aplicación do artigo 155 desencadeou unha traxedia, medida en anos de cadea, a acción de Puigdemont estoutro día en Barcelona só pode cualificarse de comedia. Xermolos xa había, ao cabo todo comezara en 2017 como consecuencia dunha declaración formal de independencia do president Puigdemont que só durou un par de minutos. Traxedia e comedia son unha constante cando se quere repetir a historia, porque os acontecementos históricos non se planean por imitación, desenvólvense dunha forma que nunca antes se dera. Xa na Declaración de 2017 había un certo xorne do pasado, Puigdemont........
© La Voz de Galicia
visit website