As vidas de Xusto Beramendi
Vivir unha vida boa foi o que dixo querer. Os seus pensan que o logrou, os amigos e compañeiros tamén. Este artigo xa non ten a urxencia necrolóxica do día que finou; deu tempo a pensar sobre a vida de Xusto, que tiña un nome tan galego e familiar que nunca fun quen de usar o seu orixinal castelán. Xa se dixo moito e ben nestes días, foi lembrado con aprecio e moitos matices por compañeiros, amigas e discípulos pero queda aínda tanto por dicir que cómpre empezar a encher o oco que nos deixa coas lembranzas que del temos.
Xusto era un home do 1941, e o seu mesmo nome figúraseme unha apelación familiar ao retorno da xustiza perdida. As súas vivencias eran as propias dunha familia de vencidos polo golpismo militarista na guerra de España. Nacer en Madrid o ano........© La Voz de Galicia
visit website